XORNADA “DepoOrienta”. Obradoiro de Emprego “Sanxenxo Móvese”

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

O día 20 de outubro de 2011 celebrouse a Xornada "DepoOrienta” organizada pola Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios e dirixida ao alumnado do Obradoiro de Emprego “Sanxenxo Móvese".

As 32 persoas participantes do Obradoiro de Emprego que se están a formar nas especialidades de Carpintería, Xardinería-Traballo Forestal e Atención sociosanitaria recibiron unha formación complementaria que lles permitirá mellorar nas técnicas de busca de emprego.


Para elo a actividade, que se desenvolveu no Centro de Interpretación “As Telleiras”, tivo un carácter eminentemente práctico, desenvolvéndose en 4 mesas de traballo polas que pasaron cada unha das persoas participantes. Os contidos que se abordaron foron os seguintes:

  • Mesa 1. Obxectivo e Proxecto Profesional. Axenda de Busca de Emprego.
  • Mesa 2. Entrevista de Traballo
  • Mesa 3. Autoemprego
  • Mesa 4. CV Europeo

O persoal técnico que impartiu e dirixiu cada mesa de traballo pertence aos proxectos Aquelando2, Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) e Rede de técnicos de emprego da Deputación de Pontevedra.

O ano pasado a UPD xa colaborara co Concello de Sanxenxo na elaboración do proxecto de Obradoiro de Emprego “Sanxenxo Móvese”, e agora participa no módulo de orientación laboral.